O fragmento galego do Livro de Tristan
More view
ISBN | 978-88-6274-765-3 |
---|---|
Numero in collana | 149 |
Collana | Studi e ricerche / ISSN 2723-8954 |
Curatore | Pilar Lorenzo Gradín, Susana Tavares Pedro |
Pagine | 144 |
Anno | 2017 |
In ristampa | No |
Descrizione | O fragmento galego do Livro de Tristan |
Durante décadas, o pergamiño que contiña o fragmento galego do Livro de Tristan deuse por perdido, mais, afortunadamente, o prezado testemuño – que era proba directa da circulación da V. II do Tristan en prose francés no occidente ibérico – non desaparecera, senón que tan só estaba descolocado no Arquivo Histórico Nacional de Madrid, onde foi localizado a finais do ano 2009. Esta publicación parte da consulta directa do pergamiño para ofrecer unha nova proposta de edición paleográfica e crítica do texto transmitido no célebre bifolio.
Pilar Lorenzo Gradín é Catedrática de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións céntranse, sobre todo, no estudo da lírica galego-portuguesa dende unha perspectiva comparada e na edición de textos trobadorescos. Entre as súas publicacións destacan os seguintes volumes: La canción de mujer en la lírica medieval (1990), A cantiga de amigo (en colaboración con M. Brea, 1998) e Don Afonso Lopez de Baian. Cantigas (2008). Susana Tavares Pedro, Doutora en Paleografía e Diplomática, é Profesora auxiliar convidada na Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa. Como paleógrafa, colaborou en diversos proxectos de edición de textos de todas as épocas, desde o espolio literario de Fernando Pessoa aos documentos visigóticos portugueses dos séculos IX e X, pasando pola Chancelería de D. João II e os cancioneiros galego-portugueses. A súa tese foi publicada co título As ‘notícias’ medievais portuguesas (2013).